top of page
52671073.jpg

VAS QUERER PERDERTE

A pe ou en kaiak... Non poderás evitar a tentación de perderte nos seus bosques, nos seus recunchos..

..
*****

SENDEIRISMO

A mellor maneira de descubrir estas terras é a pé; camiñando sen présa, percorrendo os seus lugares cheos de xoias naturais. Dumbría conta con varias rutas que te achegarán aos lugares máis fermosos e impresionantes da Costa da Morte.

Ademais das rutas que poidas confeccionar de maneira persoal, o concello proponche un gran abano de opcións entre as que escoller.

#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza

MONTE PINDO

Consecuencia do clima oceánico presente no Concello de Dumbría é a ampla variedade de hábitats e de especies animais e vexetais aquí presentes. Parte da paisaxe de Dumbría forma parte do LIC Carnota-Monte Pindo, integrado na Rede Natura 2000.
Dumbría ofrece unha gran riqueza e diversidade paisaxística. Poderás pasear pola praia, subir a graníticas montañas, percorrer vales e contemplar ríos de xenerosos caudais. 
A natureza en Dumbría é todo un arte!
Ancla 1
Captura3.jpg

RUTA PEGADAS DA HISTORIA

Esta é a ruta máis fácil para ascender ata A Moa. Transcorre en todo momento pola cara este do macizo, polo que ao chegar á cima a visión do océano é repentina e sorprendente. Ao igual que a “Ruta Castelo Peñafiel”, comezamos na aldea do Fieiro e ascendemos por unha pista forestal ata entrar no monte por sendeiros empedrados. Continuando a ascensión chégase ao “Alto das Cortes”, dende onde se obtén unha panorámica da praia de Carnota. Continuamos e atravesamos os restos de antigas murallas e a zona de pastos de cabalos salvaxes xa próximos á cima.

 

Características da ruta:

  • Lonxitude do trazado: 3.900m (+/-)

  • Pendente media: 7%

  • Cota de inicio: 290 msnm

  • Cota de fin: 628 msnm

  • Desnivel: 338m

  • Dificultade: baixa - media

  • Duración: 1:30h (ida)

Ancla 2
Penafiel.jpg

RUTA CASTELO DE PEÑAFIEL

Comezamos na aldea do Fieiro e descendemos por unha pista forestal ata entrar no monte por sendeiros empedrados. Ascendemos ata a base do pico Peñafiel , onde antigamente estaba o Castelo de Peñafiel. No seu cumio atópase a cama da fertilidade, onde acudían os matrimonios estériles para poder concibir. Nunha desviación da ruta atópase unha das máis colosais formacións naturais, a Cova da Xoana, empregada no seu día como crematorio. Continuamos a ascensión ata unir coa “Ruta Olladas do Atlántico” na base da Moa.

Características da ruta:

  • Lonxitude do trazado: 4.500m (+/-)

  • Pendente media: 10%

  • Cota de inicio: 290 msnm

  • Cota de fin: 628 msnm

  • Desnivel: 338m

  • Dificultade: alta

  • Duración: 2:30h (ida)

Ancla 3

RUTA DAS OLLADAS AO ATLÁNTICO

O camiño parte dende a praza da igrexa do Pindo. Ao pouco de comezar atopamos numerosos muíños de auga e unha cova na que se refuxiaron os escapados da Guerra Civil. Continuamos ata O Pedrullo, onde aínda se poden observar os restos das murallas que antigamente circundaban a construción primitiva. Logo de percorrer un pequeno treito chegamos ao “Chan de Lourenzo”, un espazo aberto onde se atopa o Xigante do Chan de Lourenzo e o que queda dunha explotación de volframio. Dende este lugar podemos divisar o cumio da Moa.

Características da ruta:

  • Lonxitude do trazado: 4.100m (+/-)

  • Pendente media: 14%

  • Cota de inicio: 5 msnm

  • Cota de fin: 628 msnm

  • Desnivel: 623m

  • Dificultade: media - alta

  • Duración: 2h (ida)

Ancla 4
Pedrullo.jpg

RUTA CAMIÑO DO CASTELO DO PEDRULLO

Comezamos o itinerario que nos guiará ata A Moa dende a pintoresca aldea de Vadebois. Atravesamos por Chan das Lamas dende onde podemos contemplar a gran magnitude do Monte Pindo. Seguindo a sinalización existente chegamos a “O Pedrullo”; aquí enlazamos coa “Ruta das Olladas ao Atlántico” e a ruta comeza a ser máis dura e ascendente.

Características da ruta:

  • Lonxitude do trazado: 6.900m (+/-)

  • Pendente media: 12%

  • Cota de inicio: 15 msnm

  • Cota de fin: 628 msnm

  • Desnivel: 613m

  • Dificultade: media - alta

  • Duración: 2:30h (ida)

Ancla 5
DSC05401.jpg

FERVENZA E MIRADOIRO DO ÉZARO

Esta é unha ruta ideal para coñecer a vila do Ézaro, a súa máxica fervenza e o seu mítico miradoiro. 

Na costa, teremos a oportunidade de gozar da espectacular desembocadura do río Xallas-Ézaro e da súa fervenza, a Fervenza do Ézaro. E como final de ruta, poderemos contemplar unha impresionante posta de sol no miradoiro do atlántico: o Miradoiro do Ézaro.

Características da ruta:

  • Lonxitude do trazado: 3.150m (+/-)

  • Pendente media: 10%

  • Cota de inicio: 7 msnm

  • Cota de fin: 258 msnm

  • Desnivel: 251m

  • Dificultade: media 

  • Duración: 1h (ida)

#DumbríaéTurismo

#DumbríaéDeporte

#DumbríaéNatureza

bottom of page