top of page
CARBALLEIRA DE BERDEOGAS.jpg

CARBALLEIRA DE BERDEOGAS

Un entorno natural, un paraíso para os amantes dos carballos, da tranquilidade, da auga doce e do patrimonio. Poderás coñecer os seus carballos seguindo o curso do río a través do paseo fluvial de madeira; poderás coñecer a Devesa da Lúa que é como tamén se lle coñece a esta carballeira, precisamente pola súa forma de media lúa.
Xunto á carballeira están: a Igrexa parroquial de Santiago de Berdeogas, o pombal, un castro sen escavar e un hórreo curioso polo seu número de pés. Todo un misterio!
E por se isto fose pouco, neste lugar máxico é onde se celebra cada ano no mes de xullo a Festa da Familia, unha festividade na que as familias e os amigos se reúnen para gozar xuntos dunha romaría no campo, na que non pode faltar a misa, a música, o baile e o bo comer!
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza
#DumbríaéFesta
bottom of page