
RUTAS GUIADAS MONTE PINDO 2025
Os xoves e sábados dos meses de verán, xullo – agosto - setembro, tes unha cita co Monte Pindo. Trátase da Ruta Pegadas da Historia, unha ruta lineal con saída dende O Fieiro.
O horario da ruta guiada é dende as 9 da mañá ata as 2 da tarde, aproximadamente, dependerá do ritmo do grupo. Un percorrido de 8 km para coñecer os segredos do Olimpo Celta.
Recomendacións:
• Teléfono móbil con batería cargada.
• Algo de comer e algo de beber.
• Roupa e calzado cómodos.
• No caso de sufrir alerxias ás picaduras de insectos, é aconsellable poñer repelente de insectos.
• Protección solar: crema e gorra.
• Chaqueta estilo chuvasqueiro ou cortaventos para a cima, onde soe ventar.
Na véspera da ruta, as persoas inscritas serán informadas sobre a ruta, confirmándoselles si se fai ou non, en función do cumprimento do número mínimo de persoas (5) e da previsión meteorolóxica.
INSCRICIÓN
https://forms.gle/JgQQyxKc64tLpQsAA
Máis información:
Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro
Oficina de Turismo do Ézaro
662 34 69 27