top of page
VistaCarnota.png

MONTE PINDO

O macizo montañoso do Pindo érguese ata acadar os 627m de altura a tan só uns escasos 2km do mar. Esta gran mole granítica destaca polo espectacular relevo e pola súa tan característica tonalidade rosácea. 
Toda esa abundancia e variedade rochosas configuran unha paisaxe de excepcional beleza e, xeoloxicamente, adquire un extraordinario valor polo que está recoñecido como Punto de Interese Xeolóxico (PIG-115) de Importancia Nacional.
O Monte Pindo garda moitos segredos dos que as súas pedras son os testemuños; historias que aínda están por descubrir. Restos cerámicos achados no monte evidencian a presenza de actividade no s.XV, as murallas falan do monte como lugar fortificado, o castelo Peñafiel vincúlase coa época dos Irmandiños e coa fertilidade, o castelo de San Xurxo como parte da rede de castelos costeiros para defender a ría contra os ataques marítimos de viquingos e sarracenos, o monte como refuxio dos escapados durante a Guerra Civil, tamén como lugar de ritos de curación e, a nivel lendario, como Olimpo Celta; a morada dos deuses dos pobos antigos. Moitas historias transmitidas a través da tradición oral e moitas outras aínda por descubrir … 
Será verdade iso que din que a Raíña Lupa está enterrada no Monte Pindo con sete millóns de ouro á cabeza e outros tantos aos pés?
+info: www.cirmontepindo.com 
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza
bottom of page