top of page
AULA DA NATUREZA VILAFERNANDEZ.jpg

AULA DA NATUREZA DE VILAFENÁNDEZ

A Aula de Natureza de Vilafernández emprázase nun paraxe inigualable, a carón dun dos maiores encoros de Galicia, o encoro da Fervenza. Esta área conta cun parque infantil, unha área recreativa, un refuxio con lareira a disposición de calquera usuario previa reserva, aseos e varias cabinas para a observación de aves típicas de zona húmida.
Un lugar no que reina a tranquilidade e onde poder gozar dunha experiencia ornitolóxica; onde ver aves autóctonas e migratorias ao seu paso por este enclave natural. 
É, sen lugar a dúbidas, un paraíso para os afeccionados ao mundo da ornitoloxía.
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza
bottom of page