FERVENZA DO ÉZARO
Singularidade
Existe un lugar onde o río culmina fundíndose co Océano Atlántico; un lugar de lendas, un lugar máxico onde o río se transforma en fervenza para bicar a auga salgada do mar.
O río Xallas, tamén coñecido como río Ézaro, determina o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano; é así como nace a Fervenza do Ézaro, un exemplo único de desembocadura fluvial deste tipo en Europa.
Antes de converterse en fervenza, o río é retido por catro encoros: A Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Entre este último encoro e a fervenza, a forza da auga e a resistencia da pedra crearon as pías ou caldeiras, as cavidades naturais construídas ao logo dos séculos polo río. No seu último tramo ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40m; un pouco máis que a estatua do Cristo Redentor de Río de Xaneiro (38m).
Un pouco de historia
Ata mediados do s.XIX, o río Xallas coñecíase como Río Ézaro ou Lézaro. Así se constata nas fontes cartográficas da época. A primeira referencia cartográfica coa denominación actual, Ézaro, aparece na Descrición do Reyno de Galizia (1598); polo que xa ven de vello...
WEBCAM Fervenza
Dende abril de 2011 a Fervenza do Ézaro está sempre con auga; as 24 horas do día e durante os 365 días do ano. O único horario que debes ter en conta é o do espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro nas noites do Verán. Un espectáculo único, unha combinación máxica de auga, pedra, vexetación, luces, cores e música…
Lembra que podes gozar deste espectáculo natural calquera día do ano! Se aínda non o cres, fai clic no seguinte enlace e mira a Fervenza do Ézaro en directo!
ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO 2024
Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas do verán de Dumbría. Durante os meses de xuño a setembro a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites, e poderás contemplar este espetáculo en primeira fila dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.
Dumbría, NOITES MÁXICAS !
HORARIO
Dende ás 23:00 ata ás 00:00h
DÍAS
XUÑO > 28 I 29
XULLO > 5 I 6 I 12 I 13 I 19 I 20 I 24 I 26 I 27
AGOSTO > 2 I 3 I 9 I 10 I 14 I 16 I 17 I 23 I 24 I 30 I 31
SETEMBRO > 6 I 7 I 13 I 14 I 20 I 21