
BENVIDO AO FUTURO
Dumbría 5.0 para descobrir o concello da man das novas tecnoloxías
*****
"navega por
Dumbría"
Dumbría 5.0 é unha experiencia inmersiva onde descubrir o Concello de Dumbría a través das audioguías, a realidade aumentada, os modelos 3D e os tours virtuais 360º.
REALIDADE AUMENTADA
AR
> Poder visitar o Concello de Dumbría tanto dende a túa casa como dende o teu dispositivo electrónico a través do xeoposicionamento é posible. Coa web e a APP de realidade aumentada poderás navegar por Dumbría dunha maneira innovadora.
Web Dumbría AR: https://cultuar.net/organizations/dumbria
APP Dumbría AR: https://cultuar.es/qr-dumbria
MAPA DIXITAL
MAPA
> O mapa dixital interactivo é unha plataforma dinámica para a exploración detallada dos recursos turísticos do Concello de Dumbría. Este mapa combina as localizacións exactas coas imaxes panorámicas 360º, os microvídeos e os modelos 3D.
TOUR 360º
360
> Os Tours Virtuais 360º permiten explorar cada recurso de maneira virtual, coma se estivese fisicamente nese lugar, grazas ás imaxes de alta resolución 360º. Pode facelo dende calquera navegador web e dende calquera dispositivo electrónico.
Tour 360º: https://tour360.cultuar.es/dumbria/
CONTOS DO MAR
PASEO AUDIOGUIADO
> Agora é posible coñecer o patrimonio inmaterial do Ézaro a través dun paseo audioguiado. Tan só hai que adquirir os auriculares, seguir as indicacións que están gravadas e comezar a andar.
Contos do mar é un paseo accesible de inmersión emocional!
+ info: https://contosdomar.com/audioguias