sopla confeti

Consellos

​NON EMPREGUES GPS

 

Hoxe en día somos moi dependentes das novas tecnoloxías e iso non está mal, pero as novas tecnoloxías non se levan moi ben con certas zonas do rural.

 

Por iso, o meu consello é que non empregues un GPS nesta rexión, máis que nada para evitar algún susto. O mellor é empregar un mapa, conducir polas estradas principais e se tes dúbidas, parar e preguntar. Xa o di o refrán: preguntando chégase a Roma, pois a Dumbría tamén!

 

INFORMACIÓN EVENTOS

NO VERÁN > ACCESOS

 

Son moitos e diversos os eventos que teñen lugar no Concello de Dumbría ao longo do ano e, máis se cabe, no verán. O meu consello é que te informes previa visita por se che coincide con algún deles; tendo os accesos limitados ese día. 

Se viaxas en vehículo particular terás menos problemas, pero se te desprazas cun grupo en autocar, mellor infórmate antes para poder planificar con tempo a túa visita!

 

 

​INFORMACIÓN ACTUALIZADA HORARIOS

ILUMINACIÓN

 

A Fervenza do Ézaro loce espectacular nas noites do verán grazas ao espectáculo audiovisual. Se queres vir velo, mellor consulta o calendario de iluminación do ano que queres vir, porque as datas cambian cada ano. Aínda que por norma xeral son os sábados e vésperas de festivos, non está de máis consultalo antes para evitar sorpresas!

+ Info:

turismodumbria@gmail.com

662 34 69 27

  • Blanca Facebook Icono
  • Twitter Icono blanco
  • Blanco Icono de Instagram
  • Blanco Icono de YouTube
  • Blanco Icono Pinterest

Volver arriba

Estrada de Dumbría s/n,

15151 Dumbría

A Coruña

LogoDumbria2.png
Logo Vakner.png
DumbriaXTI3.png