Playa de Ezaro.JPG

PRAIA DO ÉZARO

A meirande parte do territorio do Concello de Dumbría é de interior; sen embargo conta cun lugar bañado polas augas do mar: a praia do Ézaro.
Esta praia de area fina, branca e de apenas 1km de lonxitude destaca por ter Bandeira Azul e todos os servizos que isto implica: boa calidade da auga, accesibilidade, servizo de socorrismo, aseos, … En definitiva, un lugar idóneo e tranquilo para gozar dunha xornada de verán en familia.
Ademais, na praia do Ézaro soen celebrarse Campionatos de Salvamento e Socorrismo, de Pesca sen morte en Kaiak, Campionatos de Volei Praia e a máis que coñecida Festa da Praia do Ézaro.
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza