TERRITORIO VÁKNER

O Vákner é unha besta salvaxe, cunha presenza tan fugaz e enigmática como perigosa e daniña, que moraba nos montes que separaban a meseta do Xallas e a costa de Fisterra. Nas terras que se interpoñen no Camiño Xacobeo dende Santiago de Compostela ata a fin do mundo dos antigos.
 
O bispo armenio, Mártir de Arzendján, peregrinou dende o mosteiro de Santo Ciriaco de Norkiegh (península de Anatolia, a actual Turquía) onde residía ata Fisterra. Foi el quen deixou constancia da presenza do Vákner nas terras de Dumbría.
Todo comezaba o 29 de outubro de 1489, cando o bispo Mártir inicia a súa peregrinación por gran parte do mundo entón coñecido e que non concluiría ata 1496. O seu periplo lévao por Constantinopla, Venecia, Ancona, Roma, Constanza, Basilea, Frankfurt, Friburgo, Estrasburgo, Colonia, Espira, Aquisgrán, Besaçon, Flandes, Normandía, París, Étampes, Tours Poitiers, Bayonne, Donostia, Portugalete, Santander, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Oviedo e Betanzos, dende onde chegou a Santiago de Compostela e, tras permanecer alí 84 días, ata o Cabo Fisterra.
O breve relato da travesía ata a vila do Santo Cristo e ao Cabo Fisterra é o seguinte:
“Recibín a bendición de Santiago, púxenme ao camiño e cheguei á extremidade do mungo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo San Pablo e que os francos chaman Santa María de Finisterre.
Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, na cal me topei con gran cantidade de bestas salvaxes e perigosas. Atopamos o vákner, animal salvaxe grande e moi daniño. Dicíanme: Cómo puideches salvarte, cando compañías de vinte persoas non puideron pasar?
Fun de seguido ao país de Holani, cuxos habitantes alimentábanse tamén de peixe e cuxa lingua eu non comprendía. Tratáronme coa maior consideración, levándome de casa en casa e admirándose de que puidese ter escapado do vákner.”
De qué animal aparentemente grande, solitario e temible está a falar Mártir cando menciona ao vákner, singularizado como o peor dunha xeración de bestas salvaxes e perigosas que axexaban aos usuarios desta ruta? É todo un misterio!
Pois só nos queda ir na súa procura para descubrilo! Anímaste?
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéCamiño
#BoCamiño
#TerritorioVákner
  • Blanca Facebook Icono
  • Twitter Icono blanco
  • Blanco Icono de Instagram
  • Blanco Icono de YouTube
  • Blanco Icono Pinterest

Volver arriba

Estrada de Dumbría s/n,

15151 Dumbría

A Coruña

LogoDumbria2.png
Logo Vakner.png
DumbriaXTI3.png